"A Marela Taravela" é a historia dunha vaca que parece unha persoa. Aínda que sexa en soños, xoga ó circo, á pita cega, á roda roda... e ten un vestido azul de seda para os días de festa; por veces leva arredor do seu pelo crecho unha cinta de cor la "A Marela Taravela" é a historia dunha vaca que parece unha persoa. Aínda que sexa en soños, xoga ó circo, á pita cega, á roda roda... e ten un vestido azul de seda para os días de festa; por veces leva arredor do seu pelo crecho unha cinta de cor laranxa. Os seus sentimentos son tamén como os da xente: sente mágoa dos nenos que andan pedichando nas feiras e dos eivados e dos cegos; e un día defende a unha lebre do cazador que a quería matar. Pero noutra ocasión tampouco ten reparo en lle comer os repolos dunha horta ó señor de Pazos. A Marela é así, como as persoas: Un día dalle polo ben e outro, afortunadamente poucas veces, non resiste a tentación de facer unha trasnada. ...Continua Nascondi