"Caixa de mistos" é primeira incursión na literatura de Patricia A. Janeiro, unha novela xuvenil na que a autora amosa un manexo sorprendente de diversas técnicas, recursos e estratexias narrativas. Patricia A. Janeiro deposita nesta a súa opera prim "Caixa de mistos" é primeira incursión na literatura de Patricia A. Janeiro, unha novela xuvenil na que a autora amosa un manexo sorprendente de diversas técnicas, recursos e estratexias narrativas. Patricia A. Janeiro deposita nesta a súa opera prima toda a súa ambición literaria, construíndo unha novela c oral, cunha trama narrativa complexa, e botando man do recurso á metaliteratura; elementos estes inusuais nas obras do xénero xuvenil. Ambientada en Santiago de Compostela, a acción transcorre unha noite de San Xoán e preséntanos varios grupos de mozos que se relacionan entre si e dan renda solta á expresión das súas inquedanzas e pautas de conduta. A trama complícase cando un ladrón de cruceiros entre en contacto cunha das mozas protagonistas. A historia remata traxicamente cun accidente de circulación no que perden a vida varios protagonistas da novela. ...Continua Nascondi